
Bosque atlántico galego
A nosa comunidade autónoma, Galicia, atópase no noroeste da península ibérica polo que na súa maioría, está rodeado de auga.
Nestas terras predomina un clima oceánico. O océano Atlántico regula as temperaturas para que estas non sexan nin moi elevadas, nin moi baixas. Soen ser suaves no verán e frescas en inverno.
As precipitacións son bastante elevadas, están concentradas en outono-inverno. A gran maioría de lufares de Galicia recibe máis de 1000 l/m2. Chove unha media de 150 - 140 días ao ano no norte e arredor de 100 no sur.



Neste tipo de clima predominan os bosques caducifolios (do que trata esta páxina web). En Galicia atópase as fragas.

Unha fraga é un tipo de bosque orixinario de Galicia, extendido por toda Europa. É un bosque mixto, caducifolio e de folla ancha. Son medios que apenas teñen impacto humano.
Nos tempos de hoxe quedan moi poucos.
En canto á flora, predominan os carballos, sobreiras e castiñeiros.
A súa biodiversidade na fauna é moi grande: bufos, esquíos, raposos...
As Fragas do Eume é o parque natural máis importante de Europa, dos mellores conservados.
Conta con 103 especies de aves, 41 de mamíferos e 8 peixes. Tamén especies endémicas de invertebrados e réptiles.















